Programa

Autobán 2024

VENRES 16 de agosto

CIRCO DE ARTESÁNS — Rúa San Andrés 36

ENTREGA DO PREMIO AUTOBÁN

17:30 - 18:00 h.

Cerimonia de entrega do I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego

Actividade realizada co apoio do Concello da Coruña.

AUTOBOMBO

18:00 - 19:30 h.

Unha vintena de presentacións rápidas de participantes do Autobán 2024.

Formato 12 x12: cada presentación terá 12 imaxes que se amosarán durante 12 segundos, acompañadas das explicacións de cada fanzineirx.

É un xeito ameno e rápido de coñecer as propostas deste Autobán.

Actividade patrocinada por PuntoGal

COMBATE DE DEBUXANTES

19:30 - 21:00 h.

Oito debuxantes entran, un sae… e leva o trofeo e o megapremio do Autobán 2024.

Este ano volvemos repetir o popular evento de belixerancia debuxeira, pero nesta ocasión contamos con novos combatentes que veñen dispostos a zoscarse (metaforicamente) e a suar tinta (literalmente).

Actividade patrocinada por Sacauntos e Jaspe Art

SÁBADO 17 de agosto

Praza de San Andrés

MERCADO DE AUTOEDICIÓN

12:00 - 21:30 h.

O Mercado de Autoedición ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Este ano contamos con máis de 80 propostas vidas de toda a Península (listaxe completa).

Barra de cervexa ao cargo de Malte, e comida de Café Olimpia e A Parva.

OBRADOIRO —
Creando personaxes máxicos!

12:30 - 13:30 h.

Impartido por Paula Cheshire

Neste obradoiro crearemos personaxes máxicos para poder empregar nas nosas historias, usando de base as nosas mascotas ou animais favoritos ao xeito de Meigatas!

É unha actividade gratuíta e aberta ao público cativo e non tan cativo.

CONCERTO
Conxita Herrero e Corazón

14:30 -15:30 h.

Teremos unha actuación en directo de Conxita Herrero (de Tronco) facendo dúo con Corazón

É unha actividade gratuíta e aberta ao público.

SESIÓNS DJS

16:00 - 21:00 h.

O Mercado terá actuacións dos DJs: un DJ Mediocre, Jordi Pánico, ottro rollo, DJ Beaal e Instituto Fonográfico Tropical.

OBRADOIRO —
Fai a tua Fake Riso

17:30 - 18:30 h.

Impartido por Pilar Marcó

Estampa unha composición abstracta, ben flúor e sen máquinas. Non fai falla ter coñecementos previos e o material está incluído.

É unha actividade gratuíta e aberta ao público de todas as idades.

FESTÓN PostAutobán

23:30 h. — No Bar 13

Festa de peche do Autobán 2024 no Bar 13 (Rúa Orzán 115).

Actividades do Autobán

no Viñetas desde o Atlántico

De LUNS 12 a DOMINGO 18 de Agosto

POSTO AUTOBÁN NA RÚA BD

De 12 de agosto a 30 de setembro

EXPOFANZINES

PALEXCO

Exposición dos fanzines presentados ao I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego.

LUNS 12 de agosto

CONCERTO ILUSTRADO

Ás 21:30 h. no TEATRO COLÓN

Concerto da banda Sangre de Muérdago, debuxado en directo por Sekone e Xulia Vicente.