Debuxos & Dragons 2
AutoLab AUTOBAN BD AutoLab AUTOBAN BD

Debuxos & Dragons 2

O sábado 22 de marzo celebraremos no Bar 13 a quedada debuxístico-roleira “Debuxos & Dragons 2: O Niño da Mantícora”.
Neste segundo nivel, os vosos personaxes chegan a unha nova área na súa aventura, tendo que sobrevivir nun espazo hostil e enfrontándose a quen alí mora. Seredes quen de debuxalos?

Leer más
Club de Debuxo Dixitbán
AutoLab AUTOBAN BD AutoLab AUTOBAN BD

Club de Debuxo Dixitbán

O sábado 22 de febreiro teremos nova reunión do Club de Debuxo AutoLab no Malte Atochas!
Nesta ocasión debuxaremos unha baralla do xogo Dixit, realizando unha serie de ilustracións en formato carta, para despois xogar con elas.

Leer más
Club de Debuxo Barrobán!!
AutoLab AUTOBAN BD AutoLab AUTOBAN BD

Club de Debuxo Barrobán!!

O sábado 25 de xaneiro teremos a primeira reunión do Club de Debuxo AutoLab deste 2025.
Será no obradoiro do ceramista Victor Ares no barrio dos Mallos, e coñeceremos os segredos desta artesanía milenaria, e aprenderemos as diferencias de tratar a cor nesta disciplina.

Leer más
Chega o Zambombán!
Mercado AUTOBAN BD Mercado AUTOBAN BD

Chega o Zambombán!

O Zambombán é un mercado de Nadal de ilustración, artesanía e produto ilustrado, que da acubillo ás persoas que crean e comercializan o seu propio produto ilustrado.

Será o sábado 14 e domingo 15 no espazo Galgo Azul.

Leer más
Combate All Stars
AutoLab, Evento AUTOBAN BD AutoLab, Evento AUTOBAN BD

Combate All Stars

No próximo Culturgal Autobán organiza un Combate de Debuxantes, unha competición de debuxo improvisado na que participan catro combatentes que das distintas provincias de Galicia: Antón Yáñez (A Coruña), Sandra Lodi (Lugo), Aarón Moucho (Pontevedra) e Sapoconcho (Ourense).

Presentará este popular evento Miguel Porto, exercendo de mestre de cerimonias.

Leer más