PATROCINIOS E DESCONTOS

Os establecementos e entidades poden colaborar con nós a través de patrocinios e descontos

PATROCINIOS

Convenios de patrocinio con establecementos e entidades

Es unha libraría especializada, imprenta ou copistería, unha entidade cultural, tenda de artes ou calquera axente do sector artísitco?

Podes colaborar co Autobán asinando un convenio de colaboración, e nós daremos visibilidade a túa marca mentres axudas ao desenvolvemento dun evento cultural autoxestionado e sen ánimo de lucro.

DESCONTOS

Convenios de descontos en tendas e servizos ás socias do Autobán

Es un establecemento ou entidade relacionado coa BD, a creación gráfica, reprografía e impresión, as Belas Artes, a produción de obxectos?

Podes colaborar co Autobán asinando un convenio con descontos para as persoas socias do Autobán, e nós promocionaremos o consumo no teu establecemento por parte das nosas socias.

OPCIÓNS DE PATROCINIO

Temos tres opcións de colaboración habituais cos establecementos e entidades que nos dan soporte. Con elas asinamos un convenio de colaboración e convírtense en entidades asociadas á Asociación Cultural Autobán.

SÚPER

Convenio de 50€ anuais

O convenio inclue:

  • Logo na web e redes sociais

  • Logo no cartel de programa do Autobán

  • Logo proxectado nos eventos

  • Logo no roller de colaboradores

  • Módulo de 1/6 de páxina no Autozine 2024*

  • 25 exemplares do Autozine*

  • 1 camiseta do Autobán**

MEGA

Convenio de 100€ anuais

O convenio inclue:

  • Logo na web e redes sociais

  • Logo no cartel de programa do Autobán

  • Logo proxectado nos evento

  • Logo no roller de colaboradores

  • Módulo de 1/3 de páxina no Autozine*

  • 25 exemplares do Autozine*

  • 5 camiseta do Autobán**

HIPER

Convenio de 150€ anuais

O convenio inclue:

  • Logo na web e redes sociais

  • Logo no cartel de programa do Autobán

  • Logo proxectado nos evento

  • Logo no roller de colaboradores

  • Módulo de 1/2 de páxina no Autozine*

  • 25 exemplares do Autozine*

  • 5 camiseta do Autobán**

  • Patrocinio dunha actividade***

*O Autozine é unha publicación cunha tiraxe de máis de 1.000 exemplares. É gratuíta para agasallar á clientela.

**As camisetas do Autobán son para uso das persoas colaboradoras, pero tamén poden ser sortealas ou agasallalas á clientela.

***Se patrocinas unha actividade a túa marca aparecerá destacada durante o evento e a mencionaremos.

ACTIVIDADES PATROCINABLES

Logo ao principio da actividade e farase mención expresa do patrocinio.

  • Autobombo, 1ª quenda: serie de presentación rápidas de persoas participantes no Autobán.

  • Autobombo, 2ª quenda: segunda quenda do Autobombo, tras un pequeno descanso.

  • Combate de Debuxantes, 1ªquenda: o Combate é un torneo de debuxo en vivo.

  • Combate de Debuxantes, 2ª quenda: segunda quenda do Combate, tras un pequeno descanso.

  • Obradoiro no Autobán, 1º: obradoiro impartido durante o mercado de fanzines.

  • Obradoiro no Autobán, 2º: obradoiro impartido durante o mercado de fanzines.

OUTROS PATROCINIOS

Aceptamos todo tipo de patrocinios e convenios ademais das tres opcións máis habituais. Poden ser apoios económicos ou con prestacións de servizos ou doazón ou préstamo de materiais precisos para o desenvolvemento das nosas actividades.

Podedes escribirnos no formularioa vosa proposta de convenio e vos responderemos en breve.

FORMULARIO DE CONTACTO PARA PATROCINIOS

DESCONTOS A SOCIAS

Autobán ten asinados varios convenios de descontos con tendas, establecementos e distintos servizos para que os desfruten as persoas socias do Autobán.

Se queres contactar con nós para ofrecernos un desconto, enche o seguinte formulario. MOITAS GRAZAS!!

Patrocinan

Colaboran