Club de debuxo AutoLab

Este mes de novembro iniciamos o Club de Debuxo AutoLab o día 25 no Café de Macondo

Desde Autobán queremos facervos chegar unha nova actividade que imos comezar en breve:

O Club de Debuxo AutoLab

Consistirá en facer quedadas mensuais na Coruña para debuxar, coñecernos e divertirnos. A xente pode participar libremente, pero agradecemos que vos apuntedes antes no formulario de abaixo para poder preparar as actividades e saber que capacidade precisamos.

A primeira reunión do Club de Debuxo AutoLab será o sábado 25 de novembro a partir das 19 h. na parte superior do Café de Macondo (na rúa San Andrés 106).

Só tedes que traer o material de debuxo que queirades: lapis, rotus, caderno, folios...

En canto á temática, levaremos algúns exercicios para aquelas persoas que queirades facelos; son propostas de creación de BD e debuxo experimental divertidas e colaborativas. Se o preferides, podedes debuxar libremente sen facer ningún destes exercicios.

IMPORTANTE: a fin de saber canto espazo precisamos, agradecemos que enchades o seguinte formulario…

Anterior
Anterior

Autoedición no Culturgal