Programa
Autobán 2026
XOVES 13 de agosto
CIRCO DE ARTESÁNS — Rúa San Andrés 36
RECITAL ILUSTRADO (A208)
19:00 - 21:00 h.
Poetas e ilustradores atópanse neste formato no que a palabra e a imaxe se coordinan para crear mesturas inesperadas.
A raíz do fanzine A208 da EASD Antonio Faílde de Ourense, levamos ao escenario varias propostas nas que a imaxe e o debuxo de cada artista ilustrarán os versos de varios poetas en directo.
É unha actividade aberta e gratuíta.
VENRES 14 de agosto
CIRCO DE ARTESÁNS — Rúa San Andrés 36
ENTREGA DO PREMIO AUTOBÁN
17:30 - 18:00 h.
Cerimonia de entrega do III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego, con presentación de Julia Abalde.
Actividade realizada co apoio do Concello da Coruña.
AUTOBOMBO
18:00 - 19:30 h.
Unha vintena de presentacións rápidas de participantes do Autobán 2026.
Formato 12x12: cada presentación terá 12 imaxes que se amosarán durante 12 segundos, acompañadas das explicacións de cada fanzineirx.
É un xeito ameno e rápido de coñecer as propostas deste Autobán.
Actividade patrocinada por Galgo Azul e AGPI
COMBATE DE DEBUXANTES
19:30 - 21:00 h.
Oito debuxantes entran, un sae… e leva o trofeo e o megapremio do Autobán 2026.
Este ano volvemos repetir o popular evento de belixerancia debuxeira, pero nesta ocasión contamos con novos combatentes que veñen dispostos a zoscarse (metaforicamente) e a suar tinta (literalmente).
Actividade patrocinada por Sacauntos, Malte, Alita Cómics e Jaspe Art
Presentarán as actividades do venres Gaudino e Mateo.
SÁBADO 15 de agosto
Praza de San Andrés
MERCADO DE AUTOEDICIÓN
12:00 - 21:30 h.
O Mercado de Autoedición ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Este ano contamos con máis de 80 propostas vidas de toda a Península.
Barra de cervexa ao cargo de Malte, e comida de Café Olimpia.
OBRADOIRO —
Deseña as túas propias pegatas
12:30 - 13:30 h.
Impartido por Uxía Larrosa
Neste obradoiro aprenderemos a facer as nosas propias pegatas. Deseña autocolantes súper chulos da man de Uxía Larrosa.
É unha actividade gratuíta e aberta ao público infantil.
FOLIADABÁN —
folklórikes
13:30 h.
Ao mediodía celebraremos un evento popular de canto e baile ao cargo do grupo de folklórikes.
SESIÓN DJ —
Sekone
16:30 - 18:00 h.
DJ Sekone porá música á tarde do Autobán 2026.
OBRADOIRO —
Criaturas grampadas
18:00 - 19:00 h.
Impartido por Espazo Boh
Obradoiro de fanzine no que cada páxina estará habitada por un único personaxe
É unha actividade gratuíta e aberta a todos os públicos.
SESIÓN DJ —
Xulia Vicente
19:30 -21:00 h.
Xulia Vicente será a DJ encargada de amenizar o serán do Autobán.
FESTÓN PostAutobán
23:30 h. — No Bar 13
Festa de peche do Autobán 2026 no Bar 13 (Rúa Orzán 115).
Ven despedir o Autobán na festa de confraternización que celebramos tras o evento!
Actividades do Autobán
no Viñetas desde o Atlántico
De 10 de agosto a 27 de setembro
EXPOFANZINES 2026
BIBLIOTECA DE ESTUDOS LOCAIS Rúa Durán Loriga, 10, 1º andar
Exposición dos fanzines presentados ao III Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego.
De LUNS 11 a DOMINGO 17 de Agosto
POSTO AUTOBÁN NA RÚA BD
LUNS 10 de agosto
SINATURAS TROUBS E BAUDOIN
De 18:30 a 20:00 h.
no stand 18 da Rúa da BD
MARTES 11 de agosto
PREMIO AUTOBÁN
PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS GAÑADORES DO III PREMIO AUTOBÁN
Ás 19:30 h. na carpa de Viñetas desde o Atlántico
PREMIO: Martín Romero con "Diarios"
Accésit: Silver Adree con "Antología de un recuerdo"
SINATURAS DOS FANZINES DOS AUTORES GAÑADORES DO III PREMIO AUTOBÁN
De 20:00 a 21:00 h.
no stand 18 da Rúa da BD
MÉRCORES 12 de agosto
OBRADOIRO DE DEBUXO
Ás 12:30 h. en PALEXCO
Obradoiro de debuxo sobre os Simpson impartido por Alba Ceide. Para nenas e nenos de entre 6 e 9 anos.
Inscripcións aquí, do 30 de xullo ao 5 de agosto.
XOVES 13 de agosto
OBRADOIRO DE DEBUXO
Ás 12:30 h. en PALEXCO
Obradoiro de debuxo sobre os Simpson impartido por Alba Ceide. Para nenas e nenos de entre 10 e 12 anos.
Inscripcións aquí, do 30 de xullo ao 5 de agosto.