Chega o Autobom, a edición de primavera do Autobán.
É un encontro sobre autoedición os días 10 e 11 de maio de 2024
O Autobom convértese nun encontro, unha reunión de xente interesada na BD e a autoedición, con charlas, actividades formativas e lúdicas, e todo moi orientado a que as persoas asistentes aprendan, se coñezan, se divirtan e xeren sinerxias.
Aisha Rey é a gañadora do Combate de Debuxantes do ano anterior, e autora do cartel do Autobom 2024.
Venres e sábado
10 e 11 de maio de 2024
—
Jaspe Art - Laconcongrelos - A Tobeira
A Revolteira
VENRES 10
Tres actividades, tres localizacións
O primeiro día de Autobom teremos actividades en distintos espazos:
TUPPERROTU EN JASPE ART
Ás 17:00 H. dará comezo o Tupperrotu, una quedada para probar materiais de debuxo e rotus na nosa tenda amiga Jaspe Art (Avd. Linares Rivas 50).
INSCRÍBETE AQUÍVISITA A IMPRENTA LACONCONGRELOS
Laconcongrelos (Rúa Antonio López Noche 22) é unha das nosas imprentas de referencia na cidade. Apúntate a unha visita guiada polas súas instalacións a partir das 18:30 H.
INSCRÍBETE AQUÍFALADOIRO INTERXERACIONAL DE AUTOEDICIÓN
Ás 20:00 H. A Tobeira de Oza (Rúa da Merced 24) será o escenario dunha charla entre distintas xeracións de persoas fanzineiras. Óscar Iglesias conducirá e participan Anxo Cuba, Uxía Larrosa e Brais Rodríguez.
Participa gratis nos 4 obradoiros
Visita unha imprenta
Charlas e faladoiros sobre autoedición
+30 participantes no posto de fanzines
SÁBADO 11
Posto de fanzines, charlas e obradoiros
Todas as actividades do sábado serán na Revolteira (Rúa Falperra 13). A partir das 11:00 teremos un posto de fanzines con máis de 30 propostas e un cento de publicacións.
Pola mañá teremos charlas e obradoiros, destacando:
De 11:15 a 12:00 faladoiro Fanzines na biblioteca e na libraría con Sira González e Toño Vilaverde, modera Óscar Iglesias.
Ás 12:00 teremos unha minicharla de presentación do Fun Fun Fun, o festi de autoedición de Compostela con Neves Rodríguez e María Gil.
Minicharla ás 12:45 coa campiona do Combate de Debuxantes 2023: Aisha Rey
De 13:00 a 14:00 faladoiro Financiamento e mecenado dixital con Meri Limbo, Chano Ripio e Katsuvy, modera Augusto Metztli.
Paramos ao mediodía e de 16:30 a 17:30 celebraremos un torneo de BRILÉ BRUTAL na Cancha da Falperra.
Ás 17:30 volvemos á Revolteira e comeza a sesión de obradoiros:
De 17:30 a 18:30 teremos o AUTOLAB, un obradoiro de creación de BD experimental.
De 19:00 a 19:45 obradoiro Fundamentos da autoedición téxtil impartido por Xoana Pousa (Cuchiflainas)
De 20:00 a 20:45 obradoiro Como maquetar un fanzine por Bernal Prieto
De 21:30 a 23:00 faremos a festa de remate do Autobom 2024, cun karaoke de sintonías e unha poxa de piñatas.
Patrocina
Colaboran