Asociación Cultural Autobán

Autobán constituíuse como Asociación Cultural no ano 2023.

Esperamos ir medrando aos pouquiños para que o Autobán sexa cada vez máis doado e cómodo para todo o mundo, e que vaia mellorando ano a ano sen perder a súa esencia.

Que inclúe

Camiseta Autobán

Recibirás a camiseta do Autobán do ano en curso. Podes recollela no festival ou enviámoscha por correo.

Newsletter

Poderás estar informado de todas as novidades e actividades que organicemos coa nosa newsletter.

Comunicación

Temos diversas canles de comunicación entre as persoas socias para compartir información coa xente da autoedición.

Organización

Se queres podes formar parte da organización do Autobán, entrar na Directiva e axudar no que queiras e poidas.

Preferencia

As persoas socias terán preferencia nalgunhas actividades e servizos organizadas pola Asociación.

Actividades exclusivas

Estamos preparando novas actividades, algunhas exclusivas para persoas socias, e outras con preferencia e descontos.

Obxectivos

O fomento e promoción da banda deseñada e a ilustración, a autoedición e a autoxestión, e das persoas que se dedican a elas.

A creación de eventos, actividades e espazos nos que as persoas amantes da autoedición sexan as protagonitas.