Inscríbete agora

Inscríbete agora ■

1º PREMIO AUTOBÁN

AO MELLOR FANZINE GALEGO

O prazo para a preinscrición online será do 27 de maio ao 16 de xuño nesta mesma web.

Se entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 15 maio de 2024 autoeditaches un cómic ou fanzine gráfico en lingua galega ou desde Galicia, podes participar!

BASES DO CERTAME

Aquí tes as bases do certame coas condicións, datas e xeito de presentar o teu fanzine. Podes lelas atentamente, encher o formulario cos datos do teu proxecto e enviarnos unha copia dixital para a preselección. Anímate a inscribirte!

PREMIO

O I Premio Autobán constará dun trofeo personalizado por Aisha Rey (gañadora da última edición do noso Combate de Debuxantes) e dunha dotación económica de:

1.250 €

Formulario de inscrición

Enche o formulario, introduce os teus datos e envíanos a túa publicación en versión dixital para participar no certame.

Lembra que debes aceptar as condicións de participación e as bases.

Xurado

  • María Gil

    HISTORIADORA DA ARTE E INVESTIGADORA

    Investigadora na Universidade de Santiago de Compostela, onde traballa sobre arte gráfica na Galicia contemporánea e as relacións entre arte e política na autoedición.

  • Brais Rodríguez

    DEBUXANTE E PROFERSOR

    Colaborador de múltiples fanzines, publica cómics autoeditados desde o selo Carne Líquida. Foi merecedor de varios galardóns, coma o Premio Castelao, o GZ Crea e o Injuve.

  • Toño Vilaverde

    LIBREIRO ESPECIALIZADO

    Desde 2011 é libreiro na tenda Alita Comics da Coruña. Foi tamén colaborador dos tres primeiros fanzines de Aministía Internacional Nai dos Desterrados.

Protección de datos

Os datos persoais dos participantes no concurso serán utilizados exclusivamente para a consecución dos fins previstos neste certame, quedando excluído calquera uso para o envío de comunicacións doutra clase por parte de Asociación Cultural Autobán, respectando en todo momento o previsto na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. Todas as persoas participantes poden facer uso dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición polas vías de comunicación previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, a través do correo electrónico  autoban.bd@gmail.com.

CONTACTO

Podes escribirnos coas dúbidas e cuestións que teñas sobre o certame Premio Autobán ao correo electrónico premioautoban@gmail.com