Inscrición de fanzines no Autobom 2025

Autobom é a edición de primavera do Autobán, e ten vontade de ser un encontro entre a xente que se dedica e goza coa autoedición gráfica e a BD alternativa.

Este ano o Autobom estará cheo de charlas, faladoiros, obradoiros e actividades diversas que se desenvolverán o venres 9 de maio en distintas localizacións, e o sábado 10 na Revolteira.

Durante todo o sábado 10 haberá un posto de fanzines común xestionado pola xente da Asociación Cultural Autobán. Podes inscribirte cubrindo o formulario.

Data límite: 23:59 horas do luns 21 de abril de 2025.

 

BASES DA CONVOCATORIA

Se te inscribes no formulario terás que cumprir as bases da convocatoria.

Como participar no posto común de fanzines

  1. Debes inscribirte no formulario.

  2. Pecharemos a convocatoria o luns 21 de abril, e nun par de días comunicarémosvos a nosa resolución positiva ou negativa.

  3. Se a túa inscrición é aceptada, só terás que achegarnos os teus fanzines o sábado 10 ás 10:30, e recollelos ás 20:30, cando rematen as actividades; levarás as túas ganancias e os excedentes.

A participación nestas actividade é libre e gratuíta.

Quen pode participar no posto común de fanzines?

A nosa intención é dar cabida ás propostas de BD autoeditada, pero tamén a pequenas iniciativas editoriais de corte independente e a propostas de autoedición relacionadas coa creación gráfica.

Aínda que procuraremos incluír todas as iniciativas que poidamos, o noso espazo é limitado, e teremos que facer unha selección seguindo criterios o máis obxectivos posible.

Cando e onde será o posto común de fanzines?

O Autobom desenvolverase o venres 9 e sábado 10 de maio de 2025, pero o posto común de fanzines e a maioría das actividades celebraranse na Revoteira (Rúa Falperra 13) ao longo do sábado 10.

Cales son as responsabilidades dos participantes?

É responsabilidade dos participantes achegar os seus fanzines o sábado 10 ás 10:30, e recollelos ás 20:30, cando rematen as actividades.

Siguiente
Siguiente

Debuxos & Dragons 2