Club de Debuxo Autolab Teléfono Gráfico

Volvemos ao cole cun novo Club de Debuxo con petiscos e debuxos

Celebramos a volta ao cole xogando!

Intentaremos combater a depresión postvacacional cun clásico entre debuxantes: o “Teléfono Gráfico”, coñecido popularmente como “Gatocomemerda”. Para quen non coñeza a mecánica deste xogo de nome super-evocador, déixámosvola explicada a continuación:

•    Primeiro córtanse tiras alongadas de papel e repártense entre os asistentes.

•    Cada persoa escribe un concepto no papel e pásallo á seguinte para que faga un debuxo representando este concepto.

•    A persoa que fixo o debuxo dobra o anaco de papel no que está escrito a palabra e pásallo á seguinte persoa para que escriba unha palabra interpretando o debuxo.

•    Seguimos con esta dinámica ata que cada papel regresa á súa persoa de partida, que comparte o resultado (e a secuencia de palabras e debuxos despregada en todo o seu esplendor) co resto do grupo.

A quedada será o sábado 21 de setembro a partir das 12.00h na Revolteira (rúa Falperra 13).

Compartiremos picoteo e debuxos, se queredes podedes traer algo para compartir no picnic e o material de debuxo que queirades: lapis, rotus, cores, caderno, papeis…

IMPORTANTE: a fin de saber canto espazo e materiais precisaremos, agradecemos que enchades o seguinte formulario…

Siguiente
Siguiente

Proxectos do Autobán 2024