Club de Debuxo Autolab edición Picnic

Comparte petiscos e debuxos este verán con Autobán

Chega o bó tempo, e o clube de debuxo vaise de picnic. Para a séptima edición deste encontro, xuntarémonos este xuño no parque de Santa Margarita para deseñar os nosos propios picnics. De forma colectiva desenvolveremos diferentes escenas, e tamén xogaremos cos elementos da contorna.

A quedada será o sábado 29 de xuño a partir das 12.30h nos comedeiros públicos do parque Santa Margarita.

Compartiremos picoteo e debuxos, se queredes podedes traer algo para compartir no picnic e o material de debuxo que queirades: lapis, rotus, cores, caderno, papeis…

IMPORTANTE: a fin de saber canto espazo e materiais precisaremos, agradecemos que enchades o seguinte formulario…

Anterior
Anterior

Proxectos do Autobán 2024

Siguiente
Siguiente

Club de Debuxo Autolab con Ánimas Anónimas