O Autobán cumpre os 10 anos na súa 10ª edición.

O Autobán 2024 celebrouse o 16 e 17 de agosto de 2024 en dúas localizacións

O festival coruñés de cómic autoeditado acadou este agosto a súa décima edición, despois de nove quendas de verán, e unha edición en liña por mor da pandemia.

Máis de oitenta creadoras e creadores inscritos puxeron á venda as súas novidades no encontro, que ademais contou con obradoiros, concertos, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre Combate de Debuxantes.

José Domingo foi o autor da imaxe do primeiro Autobán, e volve debuxar o cartel neste 10º aniversario do Autobán.

Produtos do Autobán

Podes mercar a cami do 2024 ou do 2023, e na sección Descargas facerte cos Autozines.

Venres e sábado
16 e 17 de agosto de 2024

Circo de Artesáns
Praza de San Andrés

VENRES 16 no Circo de Artesáns

O primeiro día de Autobán estivo dedicado a actividades máis lúdicas para dar a coñecer ás persoas participantes nesta edición do festival.

Comezamos ás 17:30 coa cerimonia de entrega do I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego.

Ás 18:00 iniciouse o Autobombo, unha serie de micropresentacións multimedia dunha vintena dos proxectos que participaron neste Autobán.

Cara ás 19:30 gozamos dun evento de hostilidade ilustrada, o sonado Combate de Debuxantes: oito artistas improvisando debuxos en roldas sucesivas, votadas polo público até dar cun vencedor.

+20 presentacións no Autobombo

8 contendentes no Combate

+80 participantes no Mercado

SÁBADO 17 na Praza de San Andrés

O Mercado de Autoedición ofreceu a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Este ano contamos con máis de 80 propostas vidas de toda a Península.

Houbo música en directo cun concerto de Conxita Herrero e Corazón, e tamén tivemos DJs amenizando a sesión de tarde. Ademais ofrecemos dous obradoiros creativos de entrada libre.

As persoas asistentes puideron desfrutar de opcións culinarias de Café Olimpia e A Parva, e dunha barra ao cargo de Malte.

Patrocinan

Colaboran