Chega o Autobom, a edición de primavera do Autobán.

É un encontro sobre autoedición os días 10 e 11 de maio de 2024

O Autobom convértese nun encontro, unha reunión de xente interesada na BD e a autoedición, con charlas, actividades formativas e lúdicas, e todo moi orientado a que as persoas asistentes aprendan, se coñezan, se divirtan e xeren sinerxias.

Aisha Rey é a gañadora do Combate de Debuxantes do ano anterior, e autora do cartel do Autobom 2024.

Venres e sábado
10 e 11 de maio de 2024

Jaspe Art - Laconcongrelos - A Tobeira
A Revolteira

VENRES 10
Tres actividades, tres localizacións

O primeiro día de Autobom teremos actividades en distintos espazos:

Participa gratis nos 4 obradoiros

Visita unha imprenta

Charlas e faladoiros sobre autoedición

+30 participantes no posto de fanzines

SÁBADO 11
Posto de fanzines, charlas e obradoiros

Todas as actividades do sábado serán na Revolteira (Rúa Falperra 13). A partir das 11:00 teremos un posto de fanzines con máis de 30 propostas e un cento de publicacións.

Pola mañá teremos charlas e obradoiros, destacando:

Paramos ao mediodía e de 16:30 a 17:30 celebraremos un torneo de BRILÉ BRUTAL na Cancha da Falperra.

Ás 17:30 volvemos á Revolteira e comeza a sesión de obradoiros:

  • De 17:30 a 18:30 teremos o AUTOLAB, un obradoiro de creación de BD experimental.

  • De 19:00 a 19:45 obradoiro Fundamentos da autoedición téxtil impartido por Xoana Pousa (Cuchiflainas)

  • De 20:00 a 20:45 obradoiro Como maquetar un fanzine por Bernal Prieto

De 21:30 a 23:00 faremos a festa de remate do Autobom 2024, cun karaoke de sintonías e unha poxa de piñatas.

Patrocina

Colaboran